- Desde a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, celébrase a Xornada de presentación de resultados do proxecto empregAL na provincia da Coruña.
- Na xornada contarase coa intervención de persoas participantes do proxecto que expoñerán a súa experiencia e como o proxecto repercutiu na mellora da súa empregabilidade.
- Ás persoas participantes que asistan á xornada entregaráselle un certificado personalizado onde se plasmará toda a súa participación no marco do proxecto.
- O Subdirector Xeral de Relacións Laborais, Carlos Gómez , dará a coñecer os resultados alcanzados no proxecto
Entre maio do 2023 e maio do 2025, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, coa colaboración das organizacións empresariais, CEG a través da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia – ASIME, e sindicais, UXT-GALICIA, a través de UXT- FICA – Industria, Construción e Campo Galicia, CCOO de Galicia, a través da Federación de Industria de CCOO Galicia, e a Federación de Industria dá C.I.G levaron a cabo as actividades correspondentes ao proxecto “empregAL”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG).
O programa empregAL tivo como principal obxectivo, crear recursos de fomento da inserción laboral especificamente orientados ás problemáticas das persoas desempregadas provenientes de Alu Ibérica LC S.L. na Coruña cuxo despedimento foi motivado por causas obxectivas entre o 10 de maio de 2022 e o 10 de setembro de 2022 , velando polo carácter personalizado destas, xa que o obxectivo último foi o de asegurar a inserción do maior número de persoas posibles.
Tras a finalización do proxecto, celébrase a Xornada de presentación de resultados do proxecto empregAL que se tratará dunha xornada pública de presentación dos resultados dos itinerarios formativos e dos resultados conseguidos ao longo do proxecto e que terán lugar o xoves, 19 de xuño na Cidade das TIC (antiga Fábrica de Armas, Av. De Pedralonga, Nº 32, Planta 1, A Coruña) de 17:00h a 19:30h
A xornada caracterizarase polo seu carácter dinámico e participativo, debido a que persoas usuarias compartirán a súa experiencia no proxecto e ás persoas participantes que asistan ao evento faráselle entrega dun agasallo e un certificado personalizado expedido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, onde se plasmará a súa participación no marco do proxecto.
Así mesmo, contarase coa intervención dunha persoa representante da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (UAFSE) que expoñerá as novidades relativas ao Fondo Europeo de Adaptación á Globalización – FEAG e con representantes da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, que darán a coñecer os resultados alcanzados no proxecto.
Tras o evento, as persoas asistentes estarán convidadas a un aperitivo no que poderán intercambiar sensacións e experiencias.
A xornada terá como principal obxectivo dar a coñecer os resultados do proxecto, así como os datos resultantes a nivel de emprego e mellora da empregabilidade conseguidos. Así mesmo, a celebración da xornada permitirá:
- Xerar visibilidade e notoriedade das accións realizadas en torno ao fomento da reinserción laboral no sector do aluminio en Galicia..
- Coñecer a experiencia das persoas participantes
- Promover a consecución de actividades de continuidade e apoio ao colectivo de persoas desempregadas do sector do aluminio.
- Servir de punto de encontro entre as persoas participantes, os interlocutores sociais e a administración pública que permita realizar un balance conxunto do proxecto
- Dar a coñecer o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), pola súa contribución á mellora da empregabilidade, á sociedade.
- Entregar ás persoas participantes certificados de participación expedidos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
🔍 Para máis información, pódese consultar o programa detallado da xornada premendo AQUÍ
📌 Ligazón ao formulario de inscrición: https://forms.gle/dZRz6gxsK7kqmTon6
📅 Prazo de inscrición : Ata o martes, 17 de xuño ás 23:59 h.