FEAG

O FEAG ofrece axuda ás persoas traballadoras que perderon o seu posto de traballo como consecuencia dos cambios estruturais acontecidos nos patróns do comercio mundial, co fin de que poidan atopar outro o máis rapidamente posible.

O Fondo foi lanzado pola Unión Europea en 2007 e aporta unha axuda que pode chegar ata 500 millóns de euros por ano.

Mentres que os fondos estruturais da UE mantenen a anticipación e a xestión do cambio a través de actividades tales como o aprendizaxe ao longo da vida desde unha perspectiva estratéxica a longo prazo, o FEAG ofrece unha subvención individual única e limitada no tempo destinada a axudar ás persoas traballadoras persoalmente afectadas por despedimentos provocados por axustes no comercio mundial.

Desde o 1 de xaneiro de 2007, o FEAG pode financiar políticas activas de emprego centradas completamente na axuda das persoas traballadoras afectadas por despedimentos asociados á globalización, por exemplo:

Asistencia laboral
integral

A asistencia na procura dun emprego, orientación profesional, formación e reciclaxe profesional á medida, incluídas as competencias no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), certificación da experiencia adquirida, axuda á recolocación e a promoción do espírito empresarial ou asistencia coa vista ao establecemento por conta propia.

Medidas temporais

Medidas especiais de duración limitada, como asignacións de procura de emprego, asignacións de mobilidade ou as destinadas a persoas que participan no aprendizaxe permanente e en actividades de formación.

Incentivos a grupos específico

Medidas para incentivar en particular a persoas traballadoras con discapacidade ou de máis idade, para que permanezan ou se reintegren no mercado laboral.

Só as persoas traballadoras afectadas polo despedimento poden beneficiarse das axudas do Fondo.

O FEAG non financia a reestruturación de empresas ou sectores industriais. Sen embargo, a axuda non está limitada ás persoas traballadoras da empresa principal ou do sector que ten dificultades, senón que o persoal das empresas proveedoras, que se enfrontan a dificultades en cascada, tamén pode ser beneficiario destas axudas.

O Fondo pode intervir tanto para as pequenas e medianas empresas (PYMES), como para as grandes sociedades e multinacionais.