Plan de medidas empregAL
Apoio á recolocación e seguimento personalizado
Obxectivo
Realizar tarefas de prospección laboral co obxectivo de que posteriormente se poida xestionar ofertas de emprego e posibles aperturas de empresas e valorar a efectividade da incorporación ao mercado laboral das persoas participantes no Plan a través de titorías personalizadas
Apoio a recolocación
- Análise continuado do tecido industrial co fin de detectar as necesidades de persoal nas empresas e posteriormente poder xestionar as ofertas de emprego nas que poidesen ter cabida os perfís dos usuarios do proxecto.
- Prospección exhaustiva do mercado laboral de Galicia en busca de traspasos de negocios, locais en venda, pechados ou de nova apertura etc. co fin de apoiar a aquelas persoas participantes que queiran iniciar a apertura do seu negocio.
Seguimento no emprego
No caso das persoas participantes que consigan a reincorporación ao mercado laboral por conta allea ou ben de maneira autónoma, proporcionaráselles titorías personalizadas nas que se verificarán as condicións de emprego. O seguimento personalizado de cada participante realizarase desde a súa entrada no mercado laboral ata un ano despois da finalización do proxecto.