Promotores empregAL
Axentes sociais
Os interlocutores sociais máis representativos do sector do aluminio en Galicia (CIG, UGT-Galicia, S.N. de CC.OO de Galicia e a CEG) a través da CIG, UGT-FICA – Industria, Construción e Agro Galicia, CCOO de Industria Galicia e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia – ASIME serán as entidades que xunto coa Xunta de Galicia xestionarán de forma conxunta o proxecto empregAL xa que dispoñen de experiencia en plans de formación e capacitación de persoas traballadoras e desempregadas no ámbito da industria do metal e as súas tecnoloxías asociadas, e a súa participación permitirá obxectar a situación do sector a nivel rexional e global, así como as súas tendencias, de forma que os traballadores e traballadoras poidan aclarar as súas expectativas profesionais para manterse no sector e redeseñar o seu proxecto de vida profesional en cada caso, ou reorientarse profesionalmente.
Esta execución conxunta articúlase mediante un convenio de colaboración plurianual que abarca as anualidades 2023-2024 e 2025 e que foi asinado o pasado 24 de agosto de 2023.