Confirmada a axuda de 1,2 millóns para 303 traballadores despedidos en Galicia

bandera Unión Europea

O martes, o Parlamento aprobou a solicitude de España ao Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para Traballadores Despedidos (FEAG). Os eurodeputados recoñecen que «a pandemia de COVID-19 e a agresión rusa contra Ucraína reduciron a competitividade económica en toda a Unión, incluída España». As marxes das empresas en España e a súa competitividade víronse reducidos ademais polo actual aumento da inflación, en particular o encarecemento das materias primas e a enerxía.

Estes elevados prezos e a presión á baixa sobre o prezo do aluminio, derivada do exceso de capacidade de produción en China, contribuíron á quebra de Alu Ibérica. Os eurodeputados subliñan o impacto do peche da empresa para o mercado laboral local e a economía da cidade da Coruña, cunha taxa de desemprego moi superior á media da UE.

Fonte da noticia: