A Xunta buscará a reinserción laboral dos 303 traballadores de Alu Ibérica despedidos en 2022 a través do proxecto FEAG-Empregal dotado con 1,5 M€

trabajadores sector naval

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello deu o visto e prace á sinatura dun convenio entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e axentes sociais e económicos -Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), UGT, CCOO Galicia e a Federación de Industria da CIG- para a posta en marcha do proxecto FEAG-Empregal co obxectivo de “facilitar a reinserción laboral das 303 persoas afectadas polos despedidos de Alu Ibérica en 2022″.

Rueda lembrou que a industria electrointensiva “foi un dos sectores máis afectados nos últimos anos pola suba dos costes enerxéticos”, o que sumado a outros factores, derivou en peches ou despedimentos de traballadores. No caso da fábrica coruñesa, o presidente resaltou que a idade media dos afectados “é de 43 anos”.

O proxecto contará cunha financiación de 1,5 millóns de euros, dos que 1.275.000 procederán do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), grazas á iniciativa promovida ante a Unión Europea pola comunidade galega, e o resto será aportado pola Xunta de Galicia. O obxectivo, como resaltou Rueda, é que estes desempregados “atopen un traballo ou emprendan o seu propio negocio”.

Fonte da noticia: