Novas oportunidades para o emprego

Medidas para a reinserción laboral das persoas do sector do aluminio

empregAL

EmpregAL é un proxecto cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas que foron despedidas ao longo dos últimos meses no sector do aluminio en Galicia e, concretamente, na provincia da Coruña.

Desde o 02 de marzo do 2023 ata o 10 de maio do 2025, EmpregAL creará recursos de fomento da reinserción laboral especificamente orientados a:

Apoio integral

Proporcionar un apoio personalizado e continuo ás persoas beneficiarias, centrándose na recualificación profesional e na inserción laboral.

Formación Especializada

Ofrecer programas de formación altamente especializada, adaptando as accións formativas segundo os perfís e competencias das persoas participantes.

Facilitar a Recolocación

Axudar na procura de emprego ou no establecemento por conta propia a través de intermediación laboral e tutorías personalizadas, asegurando condicións laborais adecuadas.
As medidas propostas irán dirixidas a:

Asistencia

Na procura de emprego

Reciclaxe

Na procura de emprego

Promoción

Promoción do espírito empresarial e asistencia ao establecemento por conta propia

Incentivar

Medidas para incentivar, en particular, ás persoas con discapacidade ou de máis idade a que permanezan ou se reintegren no mercado laboral

Persoas beneficiarias

O proxecto FEAG no sector do aluminio está dirixido a financiar medidas activas do mercado laboral destinadas á reinserción laboral das persoas desempregadas procedentes de Alu Ibérica LC S.L. en A Coruña, cuxo despedimento foi motivado por causas obxectivas entre o 10 de maio de 2022 e o 10 de setembro de 2022 (período de referencia).

Ademais, serán beneficiarias as persoas traballadoras procedentes de empresas proveedoras ou transformadoras de produtos de Alu Ibérica cuxo despedimento se produciu entre o 10/11/21 e o 15/03/23, sempre e cando se xustifique que existe un nexo causal co peche de Alu Ibérica.

Plan de medidas

O proxecto empregAL permite que as persoas participantes poidan dispor de:

Programa Formativo

Un programa formativo a medida (feito á medida das necesidades das persoas beneficiarias)

Mediación

Mediación continua no mercado laboral

Asesoramento

Asesoramento e orientación laboral personalizada e continua

Dispositivos de motivación

Dispositivos de motivación para a participación activa nas medidas deseñadas.

Do 02 de marzo do 2023 ao 10 de maio do 2025 desenvolverase un Plan Integrado de Medidas individualizado para as persoas traballadoras afectadas, co obxectivo de poder acompañalas persoalmente no proceso que comprende desde o despedimento ata a súa reinserción no mercado laboral.

As actividades personalizadas que se levarán a cabo ao longo do proxecto agrúpanse do seguinte xeito:

01

Acollida e diagnose inicial

02

Orientación

03

Formación

04

Apoio á recolocación e seguimento personalizado

Transversal

Incentivos económicos e Bolsas