Promotores empregAL

Xunta de Galicia

A participación da Xunta de Galicia, neste proxecto, canalízase a través de dous departamentos

Autoridade

Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos

Responsabilidade

Organismo Intermedio
2º nivel de control e seguimento

Autoridade

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Dirección Xeral de Relacións Laborais

Responsabilidade

Organismo Beneficiario que executa e implementa o proxecto.
1º nivel de control e seguimento

Ambas institucións, como Organismos Intermedios da Autoridade de Xestión, levan a cabo as seguintes funcións:

01

Establecer procedementos para garantir que a elección das persoas seleccionables se faga de acordo cos criterios aplicables especificados no Regulamento n°·546/2009, así como co criterio de intervención definido, e que se ateñen ás normas comunitarias e nacionais aplicables na materia durante todo o período de execución.

02

Realizar as tarefas encamiñadas a dar visibilidade ao proxecto proposto. En particular, a través da presentación da proposta ante os interlocutores sociais e económicos de Galicia e a súa difusión a través de diversos medios.

03

Comprobar que se levou a cabo a entrega dos bens ou a prestación dos servizos obxecto de cofinanciación, que se incorreu no gasto declarado e que este cumpre as normas comunitarias e nacionais aplicables. (realización de verificacións).

04

Garantir que os beneficiarios e outros organismos participantes na execución das operacións manteñen un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas coa operación, sen prexuízo das normas de contabilidade nacional.

05

Garantir que se dispoñen de todos os documentos sobre o gasto e as auditorías necesarios para contar cunha pista de auditoría axeitada que garanta a fiabilidade das solicitudes de reembolso que se presenten pola Autoridade de Xestión á Autoridade de Certificación.

06

Garantir que todos os documentos xustificativos relacionados cos gastos e coas auditorías correspondentes ao proxecto FEAG se manteñen á disposición da Comisión e do Tribunal de Contas durante un período de tres anos a partir do peche do proxecto.

07

Asegurar que a Autoridade de Certificación dispoña de toda a información necesaria sobre os procedementos e verificacións efectuadas en relación co gasto a efectos de certificación.

08

Executar as actuacións previstas en materia de información e publicidade e dar difusión das medidas executadas.

09

Realizar os controis internos e de detección de irregularidades en cumprimento do acordo de delegación de funcións e do artigo 23. Xestión e Control financeiro do Regulamento FEAG 2021/691.