Plan de medidas empregAL

Programa de orientación

Obxectivo

Mellorar as habilidades das persoas beneficiarias en relación coa procura activa de emprego e constituír a base fundamental para a elaboración dun itinerario de inserción laboral.

Orientación laboral por conta allea

Consiste en sesións de motivación e asesoramento laboral por conta allea. O punto de partida deste asesoramento é a elaboración dun itinerario personalizado en base ás necesidades identificadas no diagnóstico de cada persoa e que permite establecer os pasos a seguir para a consecución do obxectivo profesional.

Orientación laboral para o autoemprego

Consiste en sesións de motivación e asesoramento laboral para o autoemprego. As persoas usuarias proporcionan datos sobre a súa idea de negocio e reciben axuda para a realización do business plan e de calquera aspecto relacionado co seu proxecto empresarial.