Plan de medidas empregAL

Programa de Formación

Obxectivo

Complementar as accións de orientación e asesoramento que leven a cabo as persoas usuarias do Plan e dotalas dunha maior empregabilidade, ben a través dunha recualificación profesional ou ben mediante un incremento das súas competencias, adecuándoas ás necesidades e demandas do mercado laboral actual.

Formación transversal

Programa de formación composto por distintos cursos de contido eminentemente práctico e de curta duración, destinados á adquisición de competencias transversais necesarias para o desempeño profesional e enfocados ás necesidades específicas de cada unha das persoas participantes, detectadas no proceso de definición do seu itinerario personalizado, facendo fincapé naquelas carencias e habilidades que poida ter relacionadas coas habilidades de comunicación, tecnoloxías da información e comunicación, idiomas, entre outras. Como exemplo de cursos de formación transversal, podemos sinalar:

  • Tecnoloxías de Analítica, Xestión e Control
  • Autómatas programables
  • Interpretación de planos
  • Operador de carretillas ou plataformas elevadoras
  • Sistemas de xestión eficaces
  • Nivel básico de prevención de riscos laborais e en concreto das actividades do metal na construción
  • Informática empresarial
  • Excel avanzado e financeiro
  • Inglés técnico
Adicionalmente, para aquelas persoas que non teñan estudos secundarios, proporcionarase cursos formativos para a Obtención do título de Graduado en Educación Secundaria.

Formación en autoemprego

Diríxese á promoción do espírito empresarial e á asistencia con visos ao establecemento por conta propia. Ten unha dobre vertente: o autoemprego dentro do sector aluminio, aproveitando os coñecementos de base das persoas usuarias do Plan, e, o autoemprego fose do sector, desenvolvendo calquera outra actividade económica.

En concreto, no marco deste programa levarán a cabo as seguintes actividades:

I. Escola de emprendedores
Esta medida abarca a capacitación como emprendedor e análise dos retos e oportunidades do sector, a través da formación específica sobre a formulación do proxecto e deseño do Plan de negocio. No marco desta acción contémplase que os futuros emprendedores inicien a súa capacitación en termos de xestión empresarial e emprendemento, dotándoos da formación necesaria para o deseño do modelo de negocio e a elaboración do Plan de Empresa. En concreto, contémplase a realización de accións formativas de curta duración (40-60 horas), a través das cales se lles dotará aos futuros emprendedores dos coñecementos necesarios para plasmar as súas ideas de negocio e avaliar, de forma realista, a súa viabilidade.

Como exemplo concreto de posibles cursos de formación en autoemprego, podemos sinalar:

  • Curso de creación e administración de empresas
  • Creación dun plan de empresa
  • Desenvolvemento de habilidades en autoemprego
  • Xestión básica de Pemes
II. Asesoría de emprendedores
En concreto, con esta acción preténdese complementar a formación teórico-práctica ofrecida na acción “Escola de Emprendedores” de tal maneira que todos aqueles emprendedores que participen en algunha acción formativa orientada ao emprendemento, e así o soliciten, teñan a súa disposición un tutor que lles asesore de forma personalizada no seu proxecto empresarial. Así, o obxectivo desta acción é facilitar ao emprendedor, dunha forma práctica e personalizada, a posta en marcha do seu negocio, en calquera das fases de arranque e constitución do mesmo.

Contémplase o formato de titorías individuais nas que se leven a cabo tarefas de apoio e asesoramento en materia de emprego e novas oportunidades de negocio, a través das seguintes liñas de actuación:

  • Información sobre Axudas públicas para o establecemento de novas empresas ou autónomos; novidades fiscais que favorecen o emprendemento; etc.
  • Asesoramento no desenvolvemento dos proxectos empresariais: Elaboración dun plan de empresa; procura de financiamento; negociación no proceso de compra; procura do centro de negocio máis idóneo, etc.
  • Identificación de diferentes negocios susceptibles de traspaso, a través de diversos medios:
    • Reunión con asociacións de comerciantes para detectar asociados con interese en traspasar o seu negocio
    • Información sobre fórmulas de emprendemento en economía social.
    • Procura en internet de vendas ou traspasos de negocios
    • Procura na prensa escrita
    • Contactos directos

Formación especializada dentro do sector

Este programa estará composto por diferentes cursos destinados a proporcionar unha mellora na cualificación profesional en base á ampliación de coñecementos relacionados coas tarefas desenvolvidas no sector do aluminio e incluso a novidades técnicas dentro do sector en puntos de nova empregabilidade como consecuencia de avances tecnolóxicos. Así, este programa ten como obxectivo orientar ás persoas desempregadas hacia outras ocupacións de maior valor engadido dentro do sector de aluminio, por exemplo, en actividades de extrusión, mecanizado, laminado, fundicións (plantas de refusión e aleacións á medida) ou carpintería metálica de empresas galegas referentes do sector en Europa e fabricantes e distribuidores de sistemas de aluminio para arquitectura en España e Portugal.

  • Identificación de postos de traballo con valor engadido
  • Deseño da formación necesaria para optar a eses postos en función do perfil de cada desempregado.
Como exemplo concreto de cursos de formación dentro do sector, poderiamos sinalar:
  • Aleacións á medida
  • Tratamento de aluminios
  • Realidade virtual e realidade aumentada
  • Solucións CAD/CAM aplicadas a pezas e construcións de aluminio
  • Tecnoloxías de control dimensional 3D aplicadas ao sector do aluminio
  • Procesos básicos de soldeo
  • Técnicas innovadoras de soldeo FSW e láser MAG
  • Sistemas de soldadura de arco eléctrico monitorizados
  • Homologación de soldeo
  • Soldadura semiautomática MIG/MAG
  • Trazado e mecanizado de tubaría
  • Soldadura láser híbrida
  • Fabricación aditiva láser de compoñentes
Por último, cabe sinalar o alto valor engadido que este tipo de formación implicará nas persoas participantes xa que se levarán a cabo accións formativas orientadas a adquirir o perfil que se preve que as empresas do sector demanden coa introdución da industria 4.0.

Formación de recualificación profesional fóra do sector

Programa de formación creado para dotar ás persoas traballadoras dunha maior empregabilidade, ben a través dunha recualificación profesional ou ben mediante un incremento das súas competencias laborais a través de accións de formación de reciclaxe orientadas a outros sectores de interese capaces de absorber persoas desempregadas do sector do aluminio.

O procedemento para seguir será:

  1. Identificación de ocupacións noutros sectores de interese capaces de absorber persoas desempregadas do sector do aluminio
  2. Preformación laboral para inserir a profesionais nun novo sector laboral.
  3. Formación específica para o novo posto de traballo.
Como exemplo concreto de posibles cursos de formación de recualificación profesional fóra do sector, analizados coas organizacións sindicais, en aras dunha anticipación das perspectivas no mercado laboral e das competencias esixidas podemos sinalar:
  • Carpinteiro metálico e de PVC
  • Carpintería de peches de aluminio e PVC
  • Loxística, posta en marcha e mantemento de parques eólicos
  • Deseño e mantemento de instalacións de enerxía solar fotovoltaica
  • Enerxía solar térmica
  • Técnico de sistemas de enerxías renovables
  • Deseño e montaxe de instalacións fotovoltaicas e térmicas
  • Mantemento de instalacións automatizadas controladas por autómatas programables
  • Mantemento remoto de instalacións automatizadas
  • Mantemento industrial