Dentro do proxecto Empregal, impulsado pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Unidade Administrativa do Fondo Social Europeo (FSE) e co apoio dos interlocutores sociais máis representativos do sector do aluminio e a cofinanciación do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), ábrese un proceso para un curso de grúa torre.
Empregal, busca mellorar as competencias e habilidades a través de formación especializada e innovadora que sexa demandada polas persoas adheridas ao proxecto. Entre elas, atópase este curso de grúa torre, que se identificou como idóneo e necesario para un gran número de participantes do programa.
Características
Cofinanciado ao 85% polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG)
Obxectivo: Ofrecer a formación teórico-práctica necesaria para aprobar o exame oficial da Dirección Xeral de Industria e obter o carné de operador de grúa torre, adquirindo competencias das boas prácticas no manexo da grúa nos seus postos de traballo
Ámbito de actuación: A Coruña
Modalidade: Presencial /Teleformación (opcional segundo necesidades do alumno)
Nº horas: 200h – necesaria flexibilidade horaria para cada alumno
Nº alumnos: Máximo 12 persoas
Duración contrato: Desde a formalización do contrato até a prestación completa do servizo, non máis alá do 30/11/ 2024
Orzamento: 22.000 euros.
Prazo de presentación: Antes das 15:00 horas do día 15 de febreiro do 2024
Descarga o pregamento de condicións técnicas e administrativas.
Para información relativa á presente contratación: