Dentro do proxecto Empregal, impulsado pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Unidade Administrativa do Fondo Social Europeo (FSE) e co apoio dos interlocutores sociais máis representativos do sector do aluminio e o cofinanciamento do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), ábrese un proceso para un curso de oficial de protección da instalación portuaria homologado polo organismo público Portos do Estado
Empregal, busca mellorar as competencias e habilidades a través de formación especializada e innovadora que sexa demanda polas persoas adheridas ao proxecto. Entre elas, atópase este curso de curso de oficial de protección da instalación portuaria homologado polo organismo público Portos do Estado, que se identificou como idóneo e necesario para un gran número de participantes do programa.
Características
Cofinanciado ao 85% polo Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG)
Obxectivo: Ofrecer a formación necesaria para desempeñar a función de Oficial de Protección nunha instalación portuaria, en cumprimento do Código Internacional ISPS e do Regulamento (CE) Nº 725/2004 do Parlamento Europeo e do Consello.
Ámbito de actuación: A Coruña
Modalidade: Presencial
Nº horas: 30h
Nº alumnos: Máximo 11 persoas
Duración contrato: Desde a formalización de contrato ata a prestación completa do servizo, non máis aló do 30/11/ 2024
Orzamento: 9.000,00 euros sen IVE
Prazo de presentación: Antes das 15:00 horas do día 25 de outubro do 2024
Descarga o prego de condicións técnicas e administrativas.
Para información relativa á presente contratación: