Plan de medidas empregAL

Acollida e diagnose inicial

A través do presente programa, preténdese ofrecer unha primeira acollida aos traballadores que cumpran cos requisitos, co obxectivo de efectuar unha presentación xeral do programa e informarlles das accións que se van a levar a cabo e dos esforzos e recursos postos en marcha para axudarlles no seu proceso de recualificación para mellorar a súa empregabilidade.

Tras as sesións de acollida, realizarase un diagnóstico inicial de cada persoa desempregada a través de entrevistas individualizadas co fin de coñecer con detalle a súa situación socio-profesional, o seu nivel formativo, as súas aptitudes, capacidades, experiencias, intereses e expectativas laborais, así como calquera outra información necesaria para facer unha valoración adecuada das súas posibilidades reais de reincorporación ao mercado laboral. É fundamental, nesta fase, e en xeral en todo o proceso de inserción laboral, conseguir a motivación e implicación activa da persoa desempregada.

Obxectivo

Levar a cabo a presentación do Plan de Apoio ao sector do aluminio en Galicia entre o colectivo de persoas despedidas, conseguindo a adhesión do máximo número de participantes ao programa e encamiñar a participación dentro das accións incluídas no proxecto a través de talleres informativos de sensibilización.

Dentro desta primeira fase, desenvolveranse medidas de sensibilización que se presentan como un dispositivo de axuda especializada en varios ámbitos para encamiñar a participación dentro das accións incluídas no proxecto. En concreto, estableceranse sesións individuais ou grupais nas que se abordarán:

Activación laboral

Sesións informativas para activar aos usuarios no seu proceso de busca de emprego, co fin de potenciar as capacidades de desempeño profesional particulares para alcanzar o obxectivo laboral marcado. Estas sesións facilitarán a orientación laboral e a activación profesional das persoas que están a sufrir un cambio profesional. Nelas traballaranse, principalmente, as novas técnicas e estratexias asociadas á busca activa de emprego.

Acreditación de Valorización e Reforzo de Competencias Soft Skills e Hard Skills

Levaranse a cabo sesións informativas nas que se motivará aos participantes e infórmaselles da necesidade de acreditar a súa experiencia mediante unha homologación das actividades realizadas ao longo da súa vida laboral (Competencias Hard Skills) e acreditar outro tipo de competencias non incluídas nos certificados de profesionalidade, pero demandadas polas empresas á hora de contratar traballadores: Competencias soft skills (competencias suaves).

Fomento do espírito emprendedor

Realizaranse sesións informativas relacionadas coas iniciativas emprendedoras sobre a creación de empresas para aqueles participantes que estean interesados en obter información sobre este tema, ben porque queiran iniciar actividade empresarial por conta propia ou ben por estar informados e abertos a novas saídas ao desemprego.